TERRA AURAL é un caderno de campo, escrito polo artista sonoro e investigador Xoán-Xil que imaxina unha cartografía dunha escoita situada e dende o común que se trazou conversando con diferentes persoas vinculadas ao monte Cambeiro.

«É un mapa entendido como texto, un xeito de deixar rastro das conexións entre as persoas e os lugares ao longo do tempo. Unha nova forma de descubrir a natureza, a paisaxe, o campo, e substituír así as descricións xa existentes por unha cartografía que resista»

O deseño busca simpleza e cercanía e está impreso en materias sustentables.

Imprimíronse 150 exemplares en outubro de 2024.

Podes descargar a versión para imprimir deste caderno e o manual adoc para encadernalo aquí.