Un monte todos os montes é unha publica-acción para o pensamento e a acción colectiva. O seu nome é unha invocación e un xesto performativo: fronte ao modelo industrial e homoxeneizante, insiste na necesidade de facer territorio desde a súa singularidade.

Estrutúrase en catro liñas que se entrelazan, co foco posto no monte, para abordar a acción cultural, a gobernanza e a memoria da comunidade. Trátase de poñer en relación saberes e prácticas que articulan cultura, comunidade e ecoloxía: un dispositivo colectivo para favorecer futuros desexables xunto ao monte.

A base conceptual do deseño foi respetar a diversidade do contido e tentar amplificar está diversidade. Para isto, deseñamos unha estructura xerárquica de tipografías moi ampla (empregamos tres tipografías distintas cos seus distintos pesos) para ter así un amplio abanico de posibilidades tipográficas para tratar cada texto de forma individual e ir resolvendo a maquetación texto a texto. No primeiro vistazo xa te das conta que é singular. Como obxecto tentamos  que se notase coidado, feito con atención e mimo… En xeral está todo moi pensado, dende o logotipo e a selección de tipografías ata o tono ou gramaxe do papel.

  • Dirección e edición: Azul mais Verde Coop.
  • Textos: Adriele Andrade Précoma • Natalia Balseiro • Lara Barros Alfaro • María Bella • Martiño Cabana Otero • Joám Evans Pim • Susana González • Outonía S. Coop. Galega • Óscar Rivas López • Fran Rodríguez Casal
  • Ensaio visual: Antonio Nodar
  • Deseño: Andrés López Estudio
  • Editor convidado: Roberto Abuín
  • Apoio e financiamento: Fundación Daniel y Nina Carasso
  • Distribución: Consorcio Editorial Galego
  • Páxinas: 264
  • Impresión: Agencia Gráfica
  • Prezo: 16€
  • Contacto: María Bella • mariabellabuschmann@gmail.com
  • www.azulmaisverde.gal