A exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, tivo lugar na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia do 28 xaneiro o 25 maio, 2025. Germán Labrador Méndez -comisario da exposición- realiza unha completa investigación, co acompañamento de María Bella, que engarza ópticas diversas desde as que revisitar a historia galega e o seu relato oficial. Foron máis de 300 pezas elaboradas por preto dun cento de creadoras e creadores. Unha reflexión crítica sobre a Galicia actual, coas formas que retratan e denuncian a gravidade da crise ecolóxica e a persistencia de estruturas coloniais extractivas. Un espazo de memoria e construción colectiva.
A imaxe gráfica da exposición ergueuse conceptualmente coa base de revisitar a maneira de construir a chamada “tipografía galega”. Esta tipografía, da que Castelao é figura clave para a sua “canonización”, rescata formas epigráficas vinculadas co gremio da cantería e signos lapidarios xunto coa reinterpretación e adaptación da letra visigótica presente, por exemplo, no Pórtico da Gloria. Con esta fórmula deseñamos o lettering que funciona como logotipo da exposición, representando, como a exposición, a reflexión de parte da historia de Galicia cunha visión contemporánea.
A tipografía escollida foi a icónica Futura, encaixa moi ben é crea unha unidade gráfica con un claro sabor galego, foi moi utilizada por Seoane, principalmente no Manifesto do Laboratorio de Formas, autor e obra referentes tanto na exposición como da historia de galega.
Para a gráfica expositiva crearonse unha serie de íconos que sintetizan obras ou personaxes e guían o layout da exposición. Están creados con formas xeométricas simples aludindo as marcas dos artesáns e comerciantes da Idade Media e aparecen no cartel principal, nos carteles de sala e na parede de introducción.