TERRA AURAL é un caderno de campo escrito polo artista sonoro e investigador Xoán-Xil para o proxecto Terra Creativaeste caderno imaxina unha cartografía dunha escoita situada e dende o común que se trazou conversando con diferentes persoas vinculadas ao monte Cambeiro. «É un mapa entendido como texto, un xeito de deixar rastro das conexións entre as persoas e os lugares ao longo do tempo. Unha nova forma de descubrir a natureza, a paisaxe, o campo, e substituír así as descricións xa existentes por unha cartografía que resista»

Neste caderno hai espazos pensados para incorporar as túas experiencias alí onde atopes ocos: ideas, notas, suxestións, debuxos, ou calquera outra achega.

O deseño busca simpleza e cercanía e está impreso en materias sustentables.

Imprimíronse 150 exemplares en outubro de 2024.

Podes descargar a versión para imprimir deste caderno e o manual adoc para encadernalo aquí.